11 de diciembre de 2013

Escaparate de Inverno

Vai chegando o inverno de paseniño á Balea Violeta. Para esta ocasión rebuscamos no almacén (e tamén na casa ;P )obxectos e materiais co que poder dar forma ao pequeno pobo que queríamos construir e así,  darlle vida  ao noso escaparate invernal feito con material de refugallo. Porque ainda que esta época caracterízase por un consumo desaforado, dende A Balea Violeta apostamos polo consumo responsable, polo Feito Por Ti, por darlle nova vida ao que temos por casa.

"Reducir, Reusar, Recuperar e Reciclar"


Non vos parecen uns bos propósitos para iniciar o novo ano?



 



Porteo, colos quentiños en lá e polar, cobertores, pantalóns abrigosiños, sudadeiras...... 

26 de noviembre de 2013

Arela Solidaria

A Asociación Arela. Iniciativas de apoio a infancia e a mocidade, propúxonos colaborar-participar na súa campaña Arelas Solidarias.

A Asociación conta con moitos anos de experiencia no ámbito de implicación coa infancia e a mocidade na Galiza. A través dos 10 centros de menores ubicados en distintas localidades galegas, da cobertura e atención especializada, personalizada, individual e integral a mais de 300 menores de maneira anual. Menores en situación de exclusión e/ou desprotección familiar, cun apoio engadido ás familias.

Na actualidade e na situación de crise estructural e económica queremos poder colaborar, poñer o noso pequeno gran para facilitar o seu traballo.
A Balea Violeta colabora aportando o 5% dos productos da colección de lá feitas a man de GataTola. Destinada a millorar o mobiliario dun dos dormitorios dun dos centros de Santiago.

Algún dos productos destinados á campaña:


Outras Arelas Solidarias


 







6 de noviembre de 2013

Charla Obradoiros sobre cueiros de tea

Hoxe queremos apoiar unha iniciativa do grupo Teta e Coliño, a charla-obradoiro que realizarán o próximo mércores 13 de Novembro, a partir das 16.30h na Casa de Cultura do Milladoiro (Ames-A Coruña).

"Os cueiros de tea" 

A moitas familias nos custa introducir nas nosas dinámicas de crianza este producto. Por que? como facer? cantos vou precisar? Cais son as vantaxas? Vou ter que pasarme o día fregando como as nosas avóas? Son cómodos para as nosas crianzas? E cando se ensuxan...que fago con eles fóra da casa?....

Milleiros de preguntas e dúbidas con resposta.


  • Supoñen un aforro económico importante (cada crianza precisa entre 5.000 e 6.000 cueiros de celulosa). 
  • Son mais respetuosos co medio ambente.
  • Os interiores (absorventes) están realizados en fibras naturais (algodón ou bambú, por exemplo), polo que a pel das nosas evita o contacto con fibras artificiais, xeles de absorción, e outros materiais pouco recomendables, permitindo que a súa delicada pel respire con naturalidade.


Anímate







22 de octubre de 2013

Cueiros lavables Popin



Xa temos dispoñibles cueiros PopIn na Balea Violeta.
Ecolóxicos, prácticos, facilmente lavables e moi coloridos. 

Cueiros con interior de Bambú. Fibra 100% biodegradable, de gran absorción, con propiedades antibacterianas. Permiten unha correcta respiración da pel das nosas crianzas, cuidándoa ao máximo.




19 de octubre de 2013

Criar, Xogar, Amar


A crianza afectuosa, respetuosa e en igualdade. A crianza que cada modelo de familia quer para si.
A crianza como ben social.

O xogo como ferramenta para crecer. O xogo como instrumento de aprendizaxe. A única obriga das nosas crianzas.

O amor como principio fundamental das relacións entre as personas.

Benvidas todas a este mar de posibilidades.......